Onte, día 7 de abril, conmemorouse o aniversario da primeira sentenza ditada na nosa lingua na provincia de Ourense. O acto, organizado pola Irmandade Xurídica Galega, homenaxeou aos artífices de dita sentenza, o Maxistrado Xoán Manuel Alfaya, e ao compañeiro Miguel González Trigás, e contou, ademáis, coa presencia de numerosos persoeiros do eido da xustiza, como a nosa Decana Pilar López-Guerrero, e o Maxistrado Antonio Piña.
Dende AJA OURENSE queremos felicitar á Irmandade Xurídica Galega pola iniciativa, e agradecer a invitación ó acto.