O vindeiro xoves 31 de outubro ás 16:30 horas na sede do Colexio da Avogacía de Ourense e co gallo da celebración do día da Avogacía Nova a Agrupación organiza en colaboración co ICA de Ourense unha xornada sobre «AUTODETERMINACIÓN DE XÉNERO E MENORES DE IDADE: Réxime aplicable e xurisprudencia recente» que será impartida por don Miguel Vieito Villar, avogado, investigador en Dereito e experto en Dereito Antidiscriminatorio.
Para a inscripción a esta xornada gratuita é preciso enviar un correo electrónico cos vosos datos a ajaourense@gmail.com.