O próximo venres 8 de febreiro, ás 22:00h, a Agrupación celebra a CEA-CÓCTEL DE INVERNO, e gustaríanos contar unha vez máis coa vosa presenza.
A cea será a despedida da actual xunta directiva, pois é a última que se organiza antes das seguintes eleccións da Agrupación.
E que mellor maneira para vernos e xuntarnos nestes fríos días de inverno que cear uns pinchos variados con algo de viño e cervexa. Nesta ocasión teremos boa música e barra libre ata a 1:00h.
 
A cea será no restaurante DIECIOCHO, sito na rúa Curros Enríquez, nº 18, 32003 Ourense.
 
O menú da cea é tipo cóctel, composto dos seguintes:
Táboa de xamón ibérico.
Táboa mixta de queixos.
Empanada.
Tortilla española.
Croquetas artesás.
Bastóns de berenxena con mel de caña e salmorejo.
Cabala afumada sobre cama de salmorejo e labras de xamón.
Tostas de lombo con crema do Casar e confeitado de laranxa.
Tostas de ventresca afumada con marmelada de xenxibre e queixo fresco.
Delicias de solombo de tenreira galega suprema.
Variado de postres.
 
Viños:
Antonio Montero Colleita (Ribeiro).
Alborexar 4.0 (Mencía).
Cervexa, auga e refrescos.
 
Música e barra libre ata a 1:00h.
 
O prezo é de VINTE E CATRO EUROS (24 €).
 
Os que esteades interesados podedes inscribirvos ata o mércores 06-02-2019 ás 18:00h, enviando un correo a ajaourense@gmail.com xunto co xustificante de ingreso dos 24 € na conta da Agrupación ES11 2100 6530 7122 0004 7015 (CaixaBank).
 
A cea non é pechada ós membros da Agrupación, podedes vir acompañados por algunha persoa non agrupada. Nese caso só tedes que indicalo no correo de inscrición e acompaña-lo seu xustificante de ingreso.