Dende a Agrupación da Avogacía Nova de Ourense queremos render homenaxe
e lembrar a figura de Concepción Arenal, posto que, dous séculos despois do seu
nacemento, moitas das loitas que ela asumiu aínda están hoxe vixentes, tales coma a
igualdade real e efectiva entre os homes e as mulleres en tódolos aspectos da vida
social, a mellora das condicións nos centros penitenciarios ou a presenza da muller en
postos de responsabilidade no mundo académico, cultural e institucional, entre outras.

Manifesto Concepción Arenal