Como é costume tódolos anos, estamos organizando a nosa CEA DE VERÁN e gustaríanos contar coa vosa presenza, pois é unha boa ocasión para xuntarnos e coñecernos mellor.
Nesta ocasión a cea farémola no Restaurante O PEPIÑO DE ALLARIZ (rúa Valle Inclán, nº 9, Ourense), o venres 30 de xuño de 2017, ás 22:00 h.
O menú é o que segue:
Primeiros:
Croquetas cremosas de xamón de boi e polbo.
Empanada de zorza + Arzúa-Ulloa.
Táboa de embutidos galegos.
Segundos (a escoller un dos seguintes):
Filetiños de boi, pementos e patacas fritidas.
Guiso de luras estilo bar Deportivo.
Postre: variado de doces da casa.
Pan. Viño Godello e Mencía Pepiño (D.O. Monterrei) ou Olano semicrianza (Rioja alavesa) ou cervexa. Augas. Café e chupitos.
O prezo é de VINTE EUROS (20 €) por persoa.
Os que esteades interesados podedes inscribirvos ata o martes 27 de xullo, enviándonos un correo xunto co xustificante de ingreso dos 20 € na conta da Agrupación: ES11 2100 6530 7122 0004 7015.
No correo debedes indica-lo segundo prato que escolledes.
A cea non é pechada aos membros da Agrupación, podedes vir acompañados por persoas non agrupadas. Nese caso só tedes que indicalo no correo de inscrición e acompaña-lo seu xustificante de ingreso.
Agardámosvos.