A Agrupación celebra a Cea de Nadal o vindeiro venres 20 de decembro de 2019, ás 22:00h. e gustaríanos contar coa vosa presenza.
Nesta ocasión a cea terá lugar no gastrobar SUEÑO DESPIERTO (Avda. Habana, 23 esquina con Florentino Cuevillas).

O menú estará composto por: 

Primeiro:
Chips con hummus de cabaza.
Croquetas caseiras.
Chipiróns guisados ó estilo Nikkei con arroz branco e xenxibre.
 
Segundo (a escoller):
Medallón de rubia galega, chimichurri e patacas gajo
ou
Caldeireta de congro e mexilóns
 
Auga, refrescos, viño branco Ribeiro, viño tinto mencía, cervexa de barril, postre, café e chupitos.

O prezo é de trinta euros (30 €) por persoa.
Os interesados podedes realiza-la inscrición ata as 12:00 horas do martes 17 de decembro de 2019 enviando un correo electrónico a ajaourense@gmail.com cos vosos datos e co xustificante de ingreso dos 30 € na conta da Agrupación: ES11 2100 6530 7122 0004 7015 (Caixabank).
No correo debedes indica-lo segundo prato escollido (carne ou peixe).

Así mesmo, en caso de alerxias ou intolerancias alimentarias debedes facérnolo saber.


cea non é pechada ós membros da Agrupación, podedes vir acompañados por persoas non agrupadas. Nese caso só tendes que indicalo no correo de inscrición e acompaña-lo correspondente xustificante de ingreso bancario.