O vindeiro 19 de novembro na Facultade de Dereito no Campus de Ourense terá lugar a III Feira de Emprego Xurídico Orienta Iuris, desde as 11.00 da mañá.
Como en edicións anteriores a Agrupación da Avogacía Nova de Ourense participa cun stand.
Tratase dunha iniciativa dirixida fundamentalmente ós estudantes e egresados, coa finalidade de proporcionarlles orientación sobre as salidas profesionais do ámbito xurídico, sobre a oferta de emprego público e privado, en formato de Feira, e facilitarlles o contacto directo con profesionais, empresas, despachos e institucións nas que poderán realizar prácticas ou ser contratados. Para permitir un contacto de carácter máis persoal entre os asistentes, ofrecerase un coffee break a partir das 12:00 horas.