Como é costume tódolos anos celebrámo-la nosa CEA DE OUTONO, e gustaríanos contar coa vosa presenza.
 

Nesta ocasión a cea farémola no Restaurante A PALLEIRA (Avenida de Buenos Aires, nº 96, Ourense) o xoves 31 de outubro de 2019, ás 22:00 h.

O menú é o que segue:

Entrantes:
Ensalada de ventresca
Táboa de ibéricos
Revolto de trigueros, pementos do piquillo e langostinos
Chipiróns fritos
 
Segundos (a escoller carne ou pescado):
 
Carnes:
  • Entrecot
  • Cordom bleu
  • Escalopes con salsa de queixo e champiñóns
  • Xarrete de tenreira
  • Rabo de tenreira (ocasional)

Pescados:

  • Bacallau
  • Atún
  • Robaliza (lubina)
  • Salmón

Bebida, postre, café e chupito  incluído.

 
O prezo é de VINTECINCO EUROS (25 €) por persoa.

Os que esteades interesados podedes inscribirvos ata o mércores 30 de outubro ás 14.00 horas, enviándonos un correo xunto co xustificante de ingreso dos 25 € na conta da Agrupación ES11 2100 6530 7122 0004 7015 (CAIXABANK).
Indicando  tamén se hai algún tipo de intolerancia alimentaria.
 
O segundo prato escollerase no propio restaurante no momento de servir os entrantes.

A cea non é pechada ós membros da Agrupación, podedes vir acompañados por algunha persoa non agrupada. Nese caso só tendes que indicalo no correo de inscrición e acompaña-lo seu xustificante de ingreso.