En conmemoración do Día da xustiza gratuíta e da quenda de oficio que se celebra o día 12 de xullo, a Agrupación de Avogados e Avogadas Novos de Ourense organiza coa colaboración do COLEXIO DE AVOGADOS DE OURENSE unha ANDAINA reivindicativa o DOMINGO 14 DE XULLO de 2019, ás 9:30 h, de 10 km, con saída e chegada na explanada do Tinteiro (Ourense).

A Andaina está patrocinada por: PSA PEUGEOT Retail Ourense, ACEITES ABRIL, RUN MANIAK, AUGAS DE SOUSAS, Asociación AGALLAS, AUGAS DE SOUSAS, Supermercados GADIS, AMBOAGE REFORMAS, BERTÓLEZ Estación de Servicio, LÁCTEOS XABELO, ARTE DULCE e CATALANA OCCIDENTE Seguros.

Contaremos con dous postos de avituallamento, líquido e sólido e ó rematar teremos o sorteo de 2 teléfonos móbiles e 2 tablets por cortesía de PSA Peugeot Retail Ourense, sortearemos tamén produtos cortesía de ACEITES ABRIL e otros produtos cortesía de RUN MANIAK.

Farase tamén unha recollida solidaria de alimentos para cans e gatos a favor da Asociación AGALLAS.

Este acto está dirixido a tódolos operadores da Xustiza e á cidadanía en xeral.

Se estades interesados mandádenos un correo inscribíndovos a ajaourense@gmail.com no que conste o voso nome e apelidos completos e número de DNI. A inscrición é gratuíta. O prazo para inscribirse finaliza o sábado 13 de xullo.

ANIMÁDEVOS, ímonos de andaina.