Como é costume tódolos anos celebrámo-la nosa CEA DE VERÁN, e gustaríanos contar coa vosa presenza.

Nesta ocasión a cea farémola no Restaurante A PALLEIRA (Avenida de Buenos Aires, nº 96, Ourense) o venres 5 de xullo de 2019, ás 22:00 h.

O menú é o que segue:

Entrantes:
Ensalada de ventresca
Táboa de ibéricos
Salteado de cogomelos, lagostinos e xamón
Chipiróns á prancha

Segundos (a escoller carne ou pescado):

Carnes:
Entrecot
Cordom bleu
Escalopes con salsa de queixo e champiñóns
Xarrete de ternera
Solombo de porco
Pescados:

Bacallau
Atún
·Robaliza (lubina)
·Salmón
Bebida, postre e café incluido.

O prezo é de VINTECINCO EUROS (25 €) por persoa.

Os que esteades interesados podedes inscribirvos ata o mércores 3 de xullo ás 12.00 horas da mañá, enviándonos un correo xunto co xustificante de ingreso dos 25 € na conta da Agrupación ES11 2100 6530 7122 0004 7015 (CAIXABANK).
Indicando tamén se hai algún tipo de intolerancia alimentaria.

O segundo prato escollerase no propio restaurante no momento de servir os entrantes.

A cea non é pechada ós membros da Agrupación, podedes vir acompañados por algunha persoa non agrupada. Nese caso só tendes que indicalo no correo de inscrición e acompaña-lo seu xustificante de ingreso.

Agardámosvos.