Co obxecto de conmemorar o día da abogacía nova, o próximo venres 26 de outubro, ás 22:00h, a Agrupación vai celebra-la CEA DE OUTONO, e gustaríanos contar unha vez máis coa vosa presenza.
 
A cea será no Restaurante LA GULA (rúa Valle Inclán, nº 18, 32004 Ourense).
 
O menú é o que segue:
 
Primeiros:
Ensaladas completas da casa.
Zamburiñas.
Gambitas de Huelva.
 
Segundos (a escoller un dos seguintes):
Picaña de vaca con queixo de arzúa e patacas.
Marmitako de atún.
 
Postres, bebida (viño da casa con denominación de orixe, cervexas de billa, refrescos e auga). Café e chupitos incluídos.
 
O prezo é de VINTE EUROS (20 €).
 
Os que esteades interesados podedes inscribirvos ata o xoves 25-10-2018 ás 18:00h, enviando un correo a ajaourense@gmail.com xunto co xustificante de ingreso dos 20 € na conta da Agrupación ES11 2100 6530 7122 0004 7015 (CaixaBank).
No correo debedes indica-lo segundo prato que escolledes.
 
A cea non é pechada ós membros da Agrupación, podedes vir acompañados por algunha persoa non agrupada. Nese caso, só tedes que indicalo no correo de inscrición e acompaña-lo xustificante de ingreso.