Como é costume tódolos anos celebrámo-la nosa CEA DE VERÁN, e gustaríanos contar coa vosa presenza. É unha boa ocasión para xuntarnos e coñecernos mellor.

Nesta ocasión a cea farémola no Restaurante EL COTO (rúa Reza, nº 11, Ourense) o venres 27 de xullo de 2017, ás 22:00 h.

O menú é o que segue:

Primeiros:

Embutidos ibéricos con xamón ó corte.

Revolto de cogomelos con xamón.

Segundos (a escoller un dos seguintes):

Lubina ao forno con patacas panadeiras.

Xarrete de tenreira con patacas ao vapor.

 
Postres variados.
Viños: Branco Ribeiro e Tinto Mencía.
Augas, refrescos, cervexas e café.

O prezo é de VINTE E CINCO EUROS POR PERSOA (25 €).

Os que esteades interesados podedes inscribirvos ata o xoves 26 de xullo ás 18:00h, enviando un correo a ajaourense@gmail.com xunto co xustificante de ingreso dos 25 € na conta da Agrupación ES11 2100 6530 7122 0004 7015.
No correo debedes indica-lo segundo prato que escolledes.

A cea non é pechada aos membros da Agrupación, podedes vir acompañados por persoas non agrupadas. Nese caso só tedes que indicalo no correo de inscrición e acompaña-lo seu xustificante de ingreso.