Dende a Agrupación estamos a organizar a cea de verán, e gustaríanos contar coa vosa presenza. Entendemos que estas ocasións son boas para crear lazos entre os compañeiros e coñecerse mellor.

A cea terá lugar no RESTAURANTE PORTOVELLO (praza das Mercedes, 4), o día 1 de xullo, ás 22.00 h.

O menú é o seguinte:

Croquetas de boletus con gambas.
Chipiróns á prancha con aceite de allo.
Patacas tres salsas (cabrales, brava e ali-oli)
Lacón asado con salsa de atún.
Dourada ao forno ou xarrete estofado.
Variado de postres caseiros.
Pan, auga, refrescos, cervexa, viño branco e tinto.
Café ou infusión e chupito.

O prezo é de 20 euros por persoa.

Os que esteades interesados, podedes inscribirvos ata o martes 28 de xuño, enviándo un correo a ajaourense@gmail.com, achegando xustificante de ingreso e indicando se preferides dourada ou xarrete.

Nº de conta: ES11 2100 6530 7122 0004 7015

Lembrar que a cea non é cerrada ós membros da Agrupación; polo que se levades acompañante só tedes que indícalo no correo de inscrición e acompañar o seu xustificante de ingreso.