Don Alberto Torres López, Avogado e Director do Departamento Xurídico de Sepín, impartirá unha xornada sobre «Cuestións prácticas dos procedementos xudiciais das Comunidades de Propietarios», o próximo 7 de xullo, ás 17:00 h, no salón de Actos do Colexio de Avogados de Ourense. Dita ponencia organízaa a Agrupación coa colaboración da Editorial Sepín e do Ilustre Colexio de Avogados de Ourense.

Ao rematar a exposición, sortearase, entre todos os asistentes, 1 ano de suscripción a unha das revistas Dixitais de Sepín na materia que o gañador elixa (unha revista ó mes).

A asistencia á xornada é totalmente gratuita, previa inscrición, enviando un correo có nome completo do asistente a: ajaourense@gmail.com.

A inscrición poderá facerse ata o 5 de xullo.

Asemade, Sepín ofrece a posibilidade de adquirir unha monografía relacionada con esta ponencia:

Propiedad Horizontal: Jurisprudencia del Tribunal Supremo. Crónica de los años 2000-2015
http://www.sepin.es/tienda-online/articulo/articulo.aspx?id_articulo=1331
PREZO PARA ASISTENTES:
– AGRUPADO: 18€ (IVE e portes engadidos)
– NON AGRUPADO: 20€ (IVE e portes engadidos)

Quen estea interesado en adquirila deberá enviar un correo á Agrupación, indicando nome e achegando o xustificante do ingreso correspondente ao nº de conta: ES11 2100 6530 7122 0004 7015.